Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INFORME DE MANCOMÚN

As empresas galegas usan cada vez máis software libre

Nos últimos dous anos, as pemes duplicaron o uso de aplicacións de código aberto, e os centros de ensino triplicárono.

Redacción - 13:11 08/03/2008

O informe "O software libre nas entidades de Galiza 2007" publicado por Mancomún, amosa o importante crecemento do uso do software libre que se produciu no país nos últimos dous anos. O traballo realizouse no mes de decembro entre pemes, pemes do sector das tecnoloxías da información, centros de ensino non universitario e os concellos.

A evolución foi especialmente significativa nas pequenas e medianas empresas, que duplicaron o uso do software libre, e nos centros de ensino, onde pasou do 20% ao 60%, máis do triplo ca apenas dous anos antes. Entre os datos máis salientábeis está o feito de que o Software Libre non é xa patrimonio das empresas de novas tecnoloxías. No segmento das empresas medianas, onde traballan 50.249 persoas, o emprego do software de código aberto medrou do 10 ao 40%, chegando a unha situación de normalidade.

As aplicacións libres que máis se empregan, segundo o estudo, son as relacionadas coa ofimática e coa internet, inclúidos os navegadores, os xestores de correo e os xestores de contidos (CMS). Ademais, estas mesmas aplicacións contan con versións en galego grazas ao traballo de Mancomun.org, No estudo aínda non se nota o impacto do lanzamento do DVD con ferramentas libres para pequenas empresas.

As entidades do país valoran positivamente o software libre, ao que lle dan unha cualificación de notábel, case sempre por riba do software privativo. Deste xeito, demóstrase que o software libre é tan útil para resolver as necesidades das empresas e organismos como as outras ofertas informáticas. Ademais, as previsións de uso futuro son positivas, pois case ningún dos enquisados cre que vai diminuír o software libre.

Porén, un aspecto negativo do informe é o feito de que as empresas que aínda non usan este tipo de software non teñen previsto facelo, principalmente por descoñecemento e falta de formación.


Ligazóns

5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: