Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
JAVI VÁZQUEZ DE IGALIA É O PRESIDENTE

Así son os empresarios galegos do software libre

AGASOL, a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, presentase en sociedade formada por catorce empresas.

Redacción - 18:15 16/10/2007

Enxeñeiros informáticos ou de telecomunicacións, que apostan pola internacionalización e cunha idade ao redor dos trinta anos. Este é o perfil dos emprendedores que forman AGASOL, a nova Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.


Duplicar socios
Polo de agora, AGASOL está formada por catorce empresas Aitire, Allenta, Bora Telecom, Igalia, Imagos, Inforede, Iria Flavia, Pexego, Redegal, SCA Informática, Signo, Tegnix, Ultreia Comunicaciones e Wirelless Galicia. O seu primeiro presidente e Javier Vázquez, socio de Igalia, unha das empresas líderes do sector en Galicia. De aquí a final de ano, AGASOL conta con duplicar o seu número de socios.


Apoio de Industria
O colectivo nace coa intención de fomentar a implantación de estándares abertos en administracións e empresas. Para logralo di ter o apoio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, responsábel da política de novas tecnoloxías do Goberno Galego.

AGASOL recorda que o PEGSI, o plano de novas tecnoloxías da Xunta, asume que é "irrenunciable a adopción por parte das administracións públicas de sistemas informáticos baseados en estándares abertos".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: