Solicitoulle axuda á subdelegación do goberno español ante as "posíbel alteración da orde pública" cando falen sobre as proxectos de Collazo.
O vindeiro mércores no Concello de Aranga hase desenvolver unha sesión extraordinaria na que o seu alcalde, Manuel Brañas (PPdeG), lles vai explicar aos veciños (por demanda de PSdeG e BNG) os detalles do acordo co empresario José Collazo, no que se van recualificar 300 hectáreas de solo rústico nas que se vai construír un polígono industrial e unha zona residencial.
Segundo publicaba esta domingo o xornal La Opinión da Coruña, o alcalde de Aranga pediulle protección policial, por parte de garda civil, á subdelegación do goberno español na Coruña, polas "posíbeis alteracións da orde pública", dada "a polémica existente co tema a tratar".