Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Manifestación en Compostela, este sábado

Último pulo polo indulto para os 'tres do Eixo' antes do Nadal

Ás 12.30 horas partirá da Alameda unha nova marcha de apoio aos veciños. O vindeiro venres terá lugar o derradeiro Consello de Ministros previo ás festas.

Redacción - 11:40 16/12/2007

As rúas de Compostela acollen este sábado unha nova manifestación de apoio aos 'tres do Eixo', para esixir o seu indulto.

As esperanzas están postas no Consello de Ministros do vindeiro venres, o derradeiro antes das festas, para que os tres veciños poidan estar de volta na cas antes do Nadal.

A marcha, que se prevé sexa moi numerosa, partirá da Alameda compostelá ás 12.30 horas.

O pasado venres houbo un concerto de apoio no Auditorio de Galicia en que quedou de manifesto o apoio dos grupos políticos, asociacións e representantes da cultura.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: