Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Petición do fiscal xefe do TSXG

Galiza precisa xulgados "especializados en urbanismo e patrimonio"

A crecente preocupación dos cidadáns polos problemas detectados nestes ámbitos deberan ser atendidas máis especificamente, segundo Carlos Varela, fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Redacción - 09:00 10/12/2007

As "tentacións" no ámbito do urbanismo, froito das elevadas cantidades monetarias que se poñen en xogo nos negocios relacionados, explican o alto número de casos de "corrupción" que aparecen, na opinión do fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG. Carlos Varela explicou este domingo para os micrófonos da RNE que as complicacións destes casos fan necesaria unha "especialización" na que debe afondarse tanto por parte da Fiscalía como dos corpos de seguridade.

Por este motivo, Varela é favorábel a que cara ao novo ano xudicial se pense na necesidade de que en Galiza existan xulgados especializados en cuestións de medio, urbanismo e patrimonio histórico. O fiscal xefe do TSXG cre posíbel que a Consellaría de Presidencia poida trasladarlle esa petición aos órganos xudiciais do Estado. Segundo Carlos Varela, a existencia destes tribunais axudaría a mellorar a "calidade xurídica" coa que se abordan os casos de corrupción urbanística.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: