Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Impóñenlles cadansúa multa de 2.700 euros

Condenan os dous mozos cataláns que queimaron fotos de El-Rei

Jaume Roura e Enric Stern non puideron expresarse en catalán durante o xuízo, por prohibición do xuíz.

Redacción - 13:45 20/11/2007

Segundo a Audiencia Nacional, os dous mozos participaron o pasado 13 de setembro nunha queima de fotografías de El-Rei na praza Del Vi de Girona. Nun comezo a fiscalía pedía un ano e tres meses de prisión, mais despois a pena rebaixouse a unha multa de 5.460 euros a repartir entre os dous.

Non lles deixaron falar catalán

Segundo conta o diario dixital catalán, Vilaweb, nada máis comezar a vista, o xuíz José María Vázquez Honrubia prohibiulles aos acusados expresarse en catalán, argumentando que "un cidadán español de trinta anos coñece e fala perfectamente o castelán".

Polo seu lado, os dous acusados admitiron ter queimado as fotografías dos Borbóns, mais dixeron que o acto formaba parte dunha "protesta simbólica e pacífica". Ás portas da Audiencia Nacional había unha concentración de apoio, e na xornada da segunda feira, á tardiña, houbo ducias de concentracións a favor da absolución dos dous mozos en varias cidades do Estado.

Non é o único caso aberto contra a queima de imaxes de El-Rei

Hai aínda outro proceso aberto pola queima de fotografías dos reis que leva o xuíz Fernando Grande-Marlaska contra outros 18 mozos que participaron nunha concentración, tamén en Girona, o 22 de setembro. Tamén están imputados por inxurias á coroa, mais 17 deles como autores, e un só como indutor.

En relación a este outro proceso, a organización Alerta Solidària acusa aos Mossos d'Escuadra de facer as detencións en relación aos ficheiros políticos que posúen (prohibidos pola lei), posto que naquela outra concentración participaron unhas 50 persoas, e só 18 foron identificadas; curiosamente as que tiñan algún tipo de militancia política.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: