Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A coroa española en crise?

O rei tamén mira por si e fala da "estabilidade" vivida durante o período monárquico

Cualifícao como "o máis longo dos vividos por España, no marco do modelo de monarquía parlamentaria que sustenta a nosa Constitución".

Redacción - 18:43 01/10/2007

O xefe do Estado Español, o rei Juan Carlos de Borbón, asegurou que "os valores de convivencia democrática determinaron o máis longo período de estabilidade e prosperidade en democracia, vividos por España no marco do modelo de monarquía parlamentaria que sustenta a nosa constitución".

O monarca español, que presidiu este luns a apertura do curso universitario na cidade de Oviedo, pediu que a institución académica siga formando aos mozos comprometidos cos valores de "convivencia democrática, entendemento e respecto mutuos, tolerancia e liberdade" porque son eses os valores que fixeron posible este período de estabilidade democrática.

Ao seu xuízo a universidade ten un papel crucial na formación integral de persoas "capaces de impulsar a España do mañá, en harmónica e frutífera vida en común".

Queima de fotos

Por outra banda, está previsto que na tarde deste mesmo luns o fotógrafo da axencia Click Art Foto Jordi Ribot entregue as imaxes que fixo da manifestación onde se queimaron retratos dos Borbóns o pasado 22 de setembro en Girona (Cataluña).

Ribot asegurou que se sinte "impotente" e que as entrega porque o xuíz Grande-Marlaska lle dixo que, de non facelo, incorría nun "delito de desobediencia grave".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: