O acto convocado pola esquerda independentista catalana era unha mostra de solidariedade co mozo acusado de inxurias.
Diante do consistorio de Girona e rodeados de numerosos efectivos dos Mossos d'Esquadra, máis de 300 persoas mostraron a súa solidariedade con Juame Roure, o mozo detido esta semana acusado de inxurias ao Rei. Ao rematar o acto, medio cento mozos queimaron follas de papel coa imaxe dos monarcas españois. En Molins de Rei (Barcelona) tamén houbo unha protesta na que participou máis dun cento de persoas.
Poden ampliar información en Avui e elperiodico.com