ERC chegou a un acordo co PSOE para que se destine esta cantidade a nais solteiras, familias numerosas e aquelas que teñan fillos impedidos.
Ao 'cheque bebé' teñen acceso os nados a partir do 1 de xullo de 2007
O grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) no Congreso dos Deputados de Madrid anunciou este martes un acordo co grupo de goberno, PSOE, para aumentar até 3.500 euros a nova prestación á maternidade para os casos de familias monoparentais (como as nais solteiras), as familias numerosas e aquelas que teñan fillos impedidos.
O acordo concretado esta tarde durante a votación dunha moción no pleno da Cámara, prevé ademais que todas as prestacións ás familias, tanto as estatais como as autonómicas, fiquen exentas do imposto sobre a renda, co fin de non rebaixar o poder adquisitivo das familias, segundo informou ERC nun comunicado.