Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo estudo de Consumer

O "cheque bebé" só cobre un terzo do que custa criar un fillo o primeiro ano

2.500 euros non chegan para moito; só nos cueiros, o berce e o cochiño xa se vai a paga que o goberno español propón para apoiar a natalidade.

Redacción - 11:25 06/08/2007
O goberno español prometeu 2.500 euros por bebé

O goberno español prometeu 2.500 euros por bebé

Criar un fillo no seu primeiro ano de vida custa uns 6.000 euros, algo lonxe dos 2.500 que promete o goberno español, segundo un estudo feito pola revista de información ao consumidor Consumer, fornecida pola Fundación Eroski.


A economía, o que máis tira para atrás ao falar de ter familia

Así o amosa o última enquisa do CIS, que unido ao cruce de datos entre o custo de ter un fillo e as axudas sociais creadas polos distintos gobernos autónomos e o español, poden facer que as parellas pensen moito as consecuencias económicas de ter descendencia.

Só o primeiro ano de vida dun bebé custa máis de 6.000 euros, o que significa que a paga dos 2.500 euros anunciada polo goberno español -e que comezaría a se cobrar a finais de ano- cobre pouco máis dun terzo do gasto do primeiro ano de vida dos pequenos. A factura familiar estimada por este estudo, sen gastar alén do necesario, non se corresponde coas axudas administrativas, e é que no estado español só se dedica un 0,8% do PIB a políticas familiares, o que o sitúa á cola de Europa, onde certos países mesmo estenden os incentivos económicos e sociais a idades que chegan mesmo aos 18 anos de vida do fillo.

Outras cifras parecidas
Outros cálculos, como o da organización Ceaccu, estiman un custo parecido: (4.328 euros anuais), cifra ben semellante á que calcula o Instituto de Política Familiar (IPF).

Outras axudas á natalidade

Ao custe da leite -se fai falta-, do berce, do cochiño e dos cueiros, súmanse os gastos das visitas aos médicos e unha chea de pequenas cousas cos que ter contento o bebé (complementos do berce, contando cun colchón, biberóns, garderías ou alguén que coide dos pequenos...). Só os cueiros levan preto de 450 euros ao ano.

Mais, alén do "cheque bebé", hai outras axudas das que se benefician as familias con novo membro, aínda que todas estas limitan os incentivos segundo o nivel de ingresos dos pais-. No estado español, as mulleres traballadoras con fillos menores de 3 anos poden gozar dunha paga de 100 euros, á que se suma a dedución familiar na declaración da renda polo primeiro fillo, que, aínda que se ten ampliado na última reforma fiscal, tampouco chega para cubrir a factura familiar.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: