O voceiro de ICV recordoulle ao goberno español o paradoxo de que na LOE negase a gratuidade para o ensino até os 3 anos e agora ofreza cheques para promover a natalidade.
"Na Lei de Ordenación Educativa negáronse a incorporar ese dereito, ensino gratis até os tres anos de idade, e agora propoñen un cheque de 2.500 euros para as familias? Eu prefiro dereitos a cheques", indicou Joan Herrera. O deputado catalán expresou que o executivo debera garantir que as leis sociais "deben estar acompañadas dun aumento do gasto social".
Na opinión do voceiro de Iniciativa per Catalunya, esta "era e aínda pode ser" unha lexislatura de "oportunidades". Herrera preguntouse se o Congreso se estaba sacando proveito á maioría de esquerdas saída das urnas o pasado marzo de 2004 e reflexionou que as políticas de alianzas amosáronse exitosas cando a maioría do PSOE escolleu a esquerda para as alianzas. Segundo opinou, os acordos coa "dereita nacionalista" demostraron erros e puxo exemplo en materia de fiscalidade ou modelo enerxético.