A metade dos lumes que se rexistran no Estado teñen lugar en Galiza.
Galiza rexistrou no que vai de 2007 ao redor de mil incendios, unha cantidade seis veces inferior á do ano pasado e até doce, ca en 2005, segundo informou este sábado o fiscal de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Álvaro García.
Nunhas xornadas organizadas pola Fundación Xermán Estévez para a Protección da Natureza e a Defensa do Medio, García informou de que no noso país teñen lugar a metade dos lumes que se dan no Estado, e que estes xeran uns 12.000 delitos ao ano.
Porén, recordou que as liñas de investigación son "moi difíciles" porque as lapas queiman grande parte das probas. Ademais, en moitas ocasións rematan como unha falta administrativa debido á ausencia de indicios.
Con todo, valorou a "grande coordinación" entre o Seprona, a Policía Autonómica e as propias autoridades municipais, se ben considerou necesaria unha "maior especialización", así como un incremento da colaboración transfronteiriza.