Até o 31 de xullo, os incendios rexistrados en Portugal consumiron un total de 5.086,81 hectáreas, vinte veces menos que en 2004, o peor dos últimos seis anos.
Un documento provisional da Direcção-Geral dos Recursos Florestais divulgado na cuarta sobre os incendios rexistrados durante os meses de xaneiro a xullo conclúe que en Portugal teñen ardido menos hectáreas que calquera dos anos anteriores. Aínda que se rexistraron 4.529 lumes rexistrados até a data, mais 571 foron incendios forestais, con máis dunha hectárea ardida, e 3958 foron lumes pequenos.
Os distritos con máis área queimada son ámbolos dous no Alentejo: un é Portalegre, onde nos últimos sete meses arderon 1318,21 ha; e o outro é Beja que perdeu 1247,43 ha de área forestal.
Polo seu lado, os distritos de Braga e de Vila Real rexistraron o maior número de incendios forestais, 81 e 70 respectivamente.
O relatorio da Direcção-Geral dos Recursos Florestais portuguesa subliña que o "total rexistrado para cada unha das dúas categorías (lumes declarados e área queimada) está por baixo dos valores verificados en calquera dos anos anteriores", recalcando que "das análises mensuais de 2007 conclúese que o número de lumes rexistrados é sempre inferior aos valores medios mensuais en cada un dos 5 anos anteriores".