Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Máis dun cento deles ao cabo do ano

Calculan que Reganosa precisaría meter na ría un buque metaneiro cada tres días

O Comité Cidadán avisa da ampliación que pretende a planta de gas.

Redacción - 12:30 14/06/2007

Na solicitude de autorización da planta de Reganosa en Ferrol consta o obxectivo dunha capacidade de regasificación de 322.500 metros cúbicos por hora. Desde o Comité Cidadán sinalan que nese suposto serían necesarios unha media duns 43 barcos gaseiros por ano, arredor dun entrando pola preamar cada nove días. Con ese volume de actividade, a planta usaría arredor de 300 mil toneladas de auga ao día.

A maiores, o Comité subliña a advertencia fronte á ampliación que busca Reganosa, cunha capacidade de regasificación de até 800 mil m3/hora. Nese caso, a planta usaría o dobre de auga e precisaría a subministración de 105 metaneiros cada ano, arredor dun entrando na ría cada tres días cunha media de 140 mil m3 de gas.

As cifras foron subliñadas este mércores, durante a xuntanza en asemblea do colectivo cidadán, e onde se debateu a situación e falouse da preparación de novas accións en favor da liberdade para Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol.


5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: