Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Memoria Histórica

'As vítimas, os nomes, as voces e os lugares' entra na súa segunda fase

O Goberno, por medio da Consellaría de Cultura, amplía a súa colaboración coas tres universidades na investigación sobre os represaliados durante a Guerra Civil e o franquismo.

Redacción - 19:35 31/05/2007
'Carta confederal' da CNT

'Carta confederal' da CNT

O Consello de Goberno acordou ampliar a colaboración coas tres universidades do país no marco da investigación As vítimas, os nomes, as voces e os lugares durante a xuntanza deste xoves. A Consellaría de Cultura e Deporte destinará 211.000 euros á segunda fase deste estudo sobre a represión en Galiza.

Entre as actuacións que se recollen está a análise, baleirado e incorporación á base de datos da información obtida en arquivos, rexistros, fichas sanitarias e fontes orais; a realización de entrevistas sobre a memoria transmitida; o tratamento informático dos fondos documentais; e a posta en valor do programa, coa organización de xornadas e publicacións. Toda a información será accesíbel a todo o público.

Comisión mixta

Os traballos do programa de investigación serán realizados por un equipo de investigación dirixido polo profesor Lourenzo Fernández Prieto do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, e contarase cunha Comisión Mixta de Seguimento formada por representantes de cada unha das institucións.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: