Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Baixo o lema 'Mulleres con memoria'

Cultura e Igualdade homenaxean as mulleres represaliadas durante o franquismo

'Mulleres con memoria’ é o lema co que se rendeu homenaxe este sábado en Santiago ás mulleres represaliadas durante o franquismo. O acto, que se celebrou ás doce do mediodía no Teatro Principal, contou coa presenza de corenta mulleres que sufriron a represión e que loitaron contra a ditadura.

Redacción - 12:00 03/03/2007

As homenaxeadas chegaron desde diversos puntos da península para participaren nun acto que estivo organizado pola Consellaría de Cultura e Deporte e a Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coas asociacións que traballan a favor da memoria histórica en toda Galiza.

A escritora Marga Romeiro presentou a homenaxe, na que interviñeron a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán. En representación da homenaxeadas falou Lola Rodal, unha canguesa de familia mariñeira maltratada pola represión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: