Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Serbia terá que ceder para evitar a intervención de Nacións Unidas

Última oportunidade para poñerse de acordo sobre o futuro de Cosova

Este sábado comezou a última quenda de negociacións entre Serbia e Cosova para decidir o futuro do territorio. De non acadar un acordo, a ONU podería estabelecer unha soberanía tutelada para a provincia serbia.

Redacción - 16:50 10/03/2007
Ahtisaari, mediador internacional no conflito

Ahtisaari, mediador internacional no conflito

Viena acolle a xuntanza na que se gastarán os últimos cartuchos na procura dun acordo entre ambas partes. En principio, non parece que serbios e cosovares teñan pensado achegar as súas posicións. Desde Belgrado póñense impedimentos en relación coa futura constitución de Cosova, a súa presenza en organismos internacionais, o seu sistema xudicial, e os dereitos da comunidade serbia e da súa cultura no territorio.

Logo da consulta deste sábado, o mediador internacional Martii Ahtisaari enviará ao Consello de Seguridade de Nacións Unidas a súa proposta, que pasará pola proclamación dunha soberanía vixiada para o territorio de maioría albanesa.

Os líderes albaneses cosovares ven con bos ollos o plan proposto por Ahtisaari xa que na práctica lles concede a independencia. Pola súa parte, Serbia rexeita claramente a proposta e mantén a súa oferta de conceder unha ampla autonomía a Cosova.


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: