Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRONTE AO PROXECTO DA ONU PARA O PAÍS

Serbia prognostica que Cosova abrirá camiño á independencia galega

A posíbel autorización para a independencia de Cosova crearía un "precedente" que facilitaría outros procesos de secesión na Unión Europea, segundo opinou Vuk Draskovic, ministro serbio de Exteriores. "Cando menos tres" produciríanse no Estado español, opinou Draskovic en referencia aos casos de Euskadi, Galiza e Cataluña.

- 07:30 27/02/2007
Tags:

O ministro serbio fixo estas declaracións durante unha conferencia de prensa conxunta co ministro de Exteriores español, Miguel Ángel Moratinos. O político serbio dixo que o seu país "sempre apoiará unha soa España, a actual" e pediulle a Moratinos que o goberno español apoie "unha soa Serbia no canto dunha fraccionada".

Ao respecto, o ministro español afirmou descoñecer "cal será o mapa final dos Balcáns" insistindo en que o mapa do Estado español "é e será o actual". O goberno serbio reaccionou con belixerancia en datas recentes á proposta da misión especial das Nacións Unidas, que propuxo amplos poderes para Cosova, como primeiro chanzo cara a independencia do país.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: