Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROPOSTA DA ONU

Plan para a independencia de Cosova

A incerteza na que vive Cosova logo dos conflitos bélicos da década pasada rematará a curto prazo se vai adiante o plan proposto polo enviado especial das Nacións Unidas, Martti Ahtisaari. Segundo avanza a BBC, o proxecto evitará inicialmente usar a palabra "independencia" para non elevar o malestar de Serbia, que considera que a zona lle pertence. Con todo, Cosova poderá usar os seus símbolos nacionais e solicitar o acceso a institucións internacionais.

- 07:03 02/02/2007
Tags:

As complicadas diplomacias dos Balcáns farán que Martti Ahtisaari, o ex presidente finlandés ao que lle corresponde xestionar o asunto en nome das Nacións Unidas, viaxe primeiro a Serbia para presentarlle o proxecto ao presidente Boris Tadic.

A continuación, irá á capital de Cosova, Pristina, onde se fará público o documento. Segundo fontes citadas pola BBC, trátase dunha iniciativa que na práctica pon as bases para a independencia, estabelecendo a súa separación final de Serbia.

Poden ampliar na BBC.


0/5 (0 votos)