En Serbia desenvoólvense este domingo unhas cruciais eleccións lexislativas. Os 6,6 millóns de electores terán que elixir entre proeuropeos e ultranacionalisas nun momento en que debe decidirse o futuro da provincia de Cosova. As últimas sondaxes auguran un empate entre o Partido Demócrata do presidente reformador Boris Tadic e os ultranacionalistas do Partido Radical, que se repartirían o 60 por cento dos votos. Desde a Unión Europea non se oculta o desexo de que sexan os demócratas os que se fagan co poder. As relacións cos radicais non son boas desde que Bruxelas suspendeu en maio de 2006 os contactos con Belgrado logo de que o goberno de Seselj non detivese o xeneral fuxitivo Rato Mladic, inculpado pola xustiza internacional de xenocidio e crimes de guerra.
Nesta liña, o comisario europeo para a Ampliación, Olli Rehn, asegurou que espera "que haxa un goberno serbio, pro reformas e pro europeo, que realice rápidos progresos cara á Unión Europea. Nas eleccións deste domingo tamén está en xogo o futuro da provincia de Kosovo. De feito, estas eleccións adiantáronse case un ano logo de que en outubro se aprobase unha nova Constitución que declara Kosovo como territorio inalienábel de Serbia. Foi este o tema central da campaña electoral xa que o próximo goberno terá que negociar coa maioría albanesa de Kosovo unha posíbel independencia, que deixaría os Serbios se unha das súas principais provincias.