 
		Esta media noite, os campesiños de Soneira rebelaranse outra vez contra os Señores, tal e como acontecera na Resistencia irmandiña de 1467.
 
		"Piscifactorías, parques eólicos en primeira liña de costa, Parador na Rede Natura e agora, a liña de alta tensión Muxía-Vimianzo", denuncian.
 
		Alejandro Rodríguez Lema sinalou que a xuntanza da que saíu a nova dirección dos socialistas galegos non contou con "representación do seu concello".
 
		O presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte recibiu con ledicia a declaración dos Penedos de Pasarela e Trabas como paisaxe protexida.
 
		Están situados na Costa da Morte, entre os concellos de Vimianzo e Laxe. Os veciños e varias asociacións levan anos querendo protexelos das canteiras.
 
		Unha panadaría de Vimianzo lanza unha web na que vende pan, roscas e catro variedades de empanadas.
 
		A CTNL denuncia que o goberno municipal suprimiu o servizo e rexeitou as subvencións da Deputación alegando que non cubrían todo o custo.
 
		Asociacións e veciños celebran a protección dos Penedos de Traba e Pasarela, ameazados por unha canteira que apoiaba o alcalde de Vimianzo.
 
		Os nacionalistas sospeitan que o documento urbanístico que prepara o concello beneficia a partidarios do alcalde.
 
		O Castelo de Vimianzo é a única 'zona de cruce' oficial existente na Costa da Morte.
 
		Os históricos enfrontamentos entre o alcalde e os nacionalistas e as acusacións de corrupción imposibilitan un pacto.
 
		A modernidade chega tamén ás vellas tradicións e os nenos de Vimianzo puideron ver, esta semana, ao Papá Noel por videoconferencia, uns días antes de que lles entre pola cheminea.
 
		Carlos Aymerich e Pablo González Mariñas piden que a Xunta garanta o sufraxio libre e secreto. Alejandro Rodríguez nega todo.
As aspiracións dos historiadores pontevedreses veranse truncadas toda vez que o Concello de Pontevedra destinará só unha `xanela' acristalada de catro metros cadrados á vella muralla do casco antigo, redescuberta a raíz das obras realizadas con motivo da instalación das tuberías do gas cidade.
As forzas sindicais e políticas conmemoran o 27 cabodano dos sucesos do 10 de marzo de 1.972. Comisións Obreiras e UXT celebran esta data simbólica unidos mentres que a USO e a CIG a celebran por separado. O día da clase traballadora Galega serve ademáis para facer outras reivindicacións actuais.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto