Os nacionalistas sospeitan que o documento urbanístico que prepara o concello beneficia a partidarios do alcalde.
O avance do PXOM no municipio de Vimianzo está a enfrontar abertamente ao BNG local co alcalde da localidade, o socialista Alexandro Rodríguez. Dende as filas do Bloque sospeitan que familiares e empresarios do entorno do alcalde están a ser favorecidos urbanísticamente. O seu voceiro, Manuel Antelo, xa anunciou que se se confirma este extremo van acudir á Fiscalía para que investigue o caso.
Dende o BNG acusan ao goberno municipal de negarlle a copia do avance do PXOM e critican que o executivo non se reunise con empresarios asociacións e grupos políticos para discutir as liñas básicas do plan.