Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: ruiz-rivas

10/Marzo/2010 /

O PPdeG agradécelle "os servizos prestados a Galiza"

"Unha opción persoal que hai que respectar", afirma o voceiro do grupo parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas.


27/Xaneiro/2010 /

O PP xustifica que Varela fixo unha chamada a "universalizar a cultura galega"

O conselleiro recibe o apoio do PPdeG logo de opinar que a cultura galega está "ensimesmada e acomplexada".


25/Agosto/2009 /

Só unha ducia das 40 escolas infantís previstas abrirán co curso

O BNG acusa o PP de gastar no cambio de carteis das galescolas no canto de dotalas de máis medios. Os populares retrucan que "escandaloso" fora o gasto do bipartito.


5/Agosto/2009 /

As contas non cadran, pero a culpa é "de Zapatero e do bipartito"

O PPdeG atribúelle un desfase de 1.900 millóns a unha previsión "irreal" de recadación de tributos e un anticipo a conta do Estado.


5/Agosto/2009 /

"Reponse a legalidade", avalía o PPdeG

O voceiro parlamentario dos populares destaca os "informes xurídicos" que avalan a decisión da Xunta.


30/Xullo/2009 /

O PPdeG acusa os socialistas de seren "ariete de Zapatero"

O voceiro parlamentario do PP, Manuel Ruíz Rivas, considera que a Xunta resolve o asunto con "total transparencia, diálogo, firmeza e lealdade institucional".


21/Xullo/2009 /

Feijoo gábase de obter de Fomento en cen días máis cartos que o bipartito en catro anos

O PP atribúelle o logro á "firmeza" e "capacidade para viaxar a Madrid" do presidente da Xunta.


5/Maio/2009 /

O PSdeG di que non hai ideas para o Xacobeo, o PPdeG fala de "deberes sen facer" do bipartito

Os socialistas ven ausencia de iniciativas para o Ano Santo de 2010. O PP promete que a cita será "revulsivo económico" para o país.


3/Maio/2009 /

O PSOE teima coas sombras de Hernández e o PPdeG recupera a polémica do Barbanza

Os socialistas consideran "indefendíbel" que o conselleiro siga na Xunta. Os populares tiran de acta xudicial para denunciar "irregularidades" na adxudicación da autovía.


27/Abril/2009 /

"Escusas de mal pagador", apóñenlle os populares a Blanco polo TAV

Ruíz Rivas acusa o ministro de Fomento de inventar xustificacións para confirmar os restrados no ferrocarril de alta velocidade.


24/Abril/2009 /

Ruíz Rivas fai burla sobre "as paridas da paridade" coas que di que se entretén a oposición

O voceiro parlamentario do PPdeG atribúelle as queixas polo incumprimento da lei de igualdade ao "desconcerto" da oposición.


16/Abril/2009 /

"Vostedes levaban catro anos sen pisar a rúa", aponlle Ruíz Rivas a socialistas e nacionalistas

O voceiro parlamentario do PpdeG, Manuel Ruíz Rivas, insistiu en que "o pobo galego falou con claridade nas urnas.


14/Abril/2009 /

"Queda claro que Núñez Feijoo é o presidente que Galiza necesita"

O voceiro dos populares destacou a "aposta polo diálogo" que dixo ver na intervención de Feijoo.


13/Abril/2009 /

Daniel Varela pilotará a comisión de Ordenación Territorial e Agustín Baamonde a Institucional

As deputadas luguesas do PP Raquel Arias e Susana López presidirán as comisións parlamentarias de Medio Rural e Educación e Cultura.


1/Abril/2009 /

"Fíxonos ben pasar pola oposición, coñecemos mellor o país"

O deputado popular expresou a súa convicción de que se abre unha etapa "frutífera" para o país.


7/Xaneiro/2009 /

O PP aproveita un informe da Avogacía do Estado para teimar na defensa da xestión co Prestige

O PPdeG pídelle unha "rectificación pública" de PSOE e BNG e insiste en que os gobernos Aznar e Fraga actuaron "con rapidez e eficacia".


24/Xuño/2008 /

O PPdeG di que bloqueará "o consello de teletouriño" se non se negocia a renovación da CRTVG

"Queren perpetuar a precariedade laboral", acúsaos o Bloque. Os socialistas opinan que con estas decisións os populares "foxen do centrismo" que reivindican.


23/Xuño/2008 /

O PP avalía que o bipartito só conseguirá o 15% das transferencias prometidas ao inicio da lexislatura

Recordan que se fixara un obxectivo de 70, "e Galiza só suma nove" desde 2005. Acusan a Touriño de boicotear o proceso.


10/Xuño/2008 /

A Fiscalía non ve irregularidades na adxudicación da Autovía do Barbanza

O PPdeG mostra o seu malestar coa decisión do ministerio público e fala de "anomalías" na investigación.


13/Maio/2008 /

Os alcaldes d'As Neves e Muíños tamén trasacordan e pasan a apoiar as galescolas

Xa rectificaron cinco dos oito alcaldes que acudiran á conferencia de prensa á que os convocara a dirección do PPdeG.