Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo dos anuncios de cambio no proxecto

"Escusas de mal pagador", apóñenlle os populares a Blanco polo TAV

Ruíz Rivas acusa o ministro de Fomento de inventar xustificacións para confirmar os restrados no ferrocarril de alta velocidade.

Redacción - 08:00 27/04/2009

"Só alguén con mala conciencia e peores intencións pode ter a ousadía de efectuar semellantes afirmacións", analizaba este domingo o voceiro parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas, ao respecto das afirmacións realizadas polos socialistas sobre a responsabilidade dos gobernos do PP no atraso da alta velocidade ferroviaria en Galiza. Considera Ruíz Rivas que o PSOE "estatal e galego" é o único responsábel da "aldraxe que condena Galiza a converterse na derradeira comunidade autónoma en ter conexión de alta velocidade ferroviaria coa meseta".

Na opinión de Rivas, cinco anos despois de que o PSOE chegase ao poder no goberno español "non é de recibo que o flamante ministro de Fomento trate de responsabilizar dos novos atrasos aos gobernos do PP en Madrid". "É unha mágoa que Zapatero non aproveitara a visita a Galiza para dicir a verdade e admitir que o seu goberno non ten cartos para o AVE galego porque el e o seu equipo pretenden primar a Cataluña no reparto da torta do financiamento", acusou o voceiro do PP.


2/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: