Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: rede-natura-2000

26/Novembro/2009 /

A piscifatoría de Touriñán é incompatible coa conservación de hábitats e especies protexidas

A proxectada piscifatoría de cabo Touriñán afectaría gravemente a hábitats cuxa conservación é prioritaria (case a metade da superficie total, 350.000 m2) así como a unha especie vexetal vulnerábel, a Linkagrostis juresii, do Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Así o confirma un informe elaborado polo prof. de botánica da USC Xabier Amigo Vázquez.


22/Novembro/2009 /

A defensa do litoral, dos ríos e das zonas protexidas serán as próximas prioridades de Adega

Virxinia Rodríguez foi elixida nova presidenta da asociación ecoloxista, que se reuniu en Agolada.


19/Novembro/2009 /

Verdegaia organiza un actividade polas Ribeiras do Louro

Verdegaia organizará o vindeiro domingo 22 de novembro un novo roteiro-denuncia encadrado no programa de roteiros de Verdegaia Vai de roteiros! polas Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro. Sairemos en bus de liña ás 10:00 h. da estación de autobuses de Vigo para comezar a camiñar arredor das 11:00 h. no aparcadoiro da lagoa de Orbenlle (O Porriño) onde tamén rematará a ruta a media tarde.


18/Novembro/2009 /

Charla Audiovisual ''A Rede Natura no Morrazo'', roteiro por Cabo Udra

Dentro das actividades de divulgación do patrimonio natural do Morrazo que estamos a organizar Luita Verde e a Federación Ecoloxista Galega e que contan coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, esta semana está programado:


A FEG cualifica como pésima a proposta de lei de aproveitamento eólico en Galicia
9/Novembro/2009 /

A FEG cualifica como pésima a proposta de lei de aproveitamento eólico en Galicia

A Xunta ampárase no plano eólico do ano 1997 para evitar a avaliación ambiental estratéxica que esixe a UE


31/Xullo/2008 /

Medio Ambiente sitúa en Ourense o centro de interpretación de espazos naturais

A provincia conta coa metade dos parques naturais de Galiza.


5/Decembro/2007 /

A Xunta autoriza batidas contra os lobos en Muras

Despois das numerosas queixas dos gandeiros do concello lugués, a Consellaría de Medio Ambiente permítelles a estes, e mais aos cazadores, matar os cánidos dun xeito controlado.


18/Xullo/2007 /

Acusan á Xunta de abandonar O Morrazo na ampliación da Rede Natura

Preséntalle á Xunta unha petición de ampliación das zonas protexidas na comarca, que está "abandonada" e chea de "construcións ilegais".


12/Xullo/2007 /

Ampliación do Salto de Novo Castrelo: certificando o estrago dun río

Este verán escuro para o medioambiente galego, no que a "legalización" inxustificábel da canteira de A Campa no Courel , a aprobación no Consello de Goberno do Plano Acuícola e a autorización da masacre de pombiños na Illa da Toxa marcan unha nefasta deriva nas políticas ambientais do goberno bipartito ven de sumar unha nova desfeita ao ronsel: A Xunta autoriza a ampliación  do aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo desprezando as alegacións presentadas e certifica a agonía do río Xallas.