Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: morrazo

31/Maio/2010 /

'En conserva', creatividade á esgalla arredor da fábrica de Massó

Un proxecto cultural promove a creación dun espazo común e multi-disciplinar para que os artistas do Morrazo teñan onde exhibir as súas creacións.


18/Novembro/2009 /

Charla Audiovisual ''A Rede Natura no Morrazo'', roteiro por Cabo Udra

Dentro das actividades de divulgación do patrimonio natural do Morrazo que estamos a organizar Luita Verde e a Federación Ecoloxista Galega e que contan coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, esta semana está programado:


27/Outubro/2009 /

Charlas e Roteiros polo Morrazo

O Colectivo Ecoloxista Luita Verde e a Federación Ecoloxista Galega (FEG), organizan a partir do vindeiro venres 30 de outubro e ata o domingo 22 de novembro 4 charlas e 4 roteiros polo Morrazo, actividades que contan coa colaboración económica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
.


29/Setembro/2009 /

Cangas, un tripartito visto para sentenza

O posicionamento das diferentes formacións sobre as obras do porto deportivo de Salgueirón sitúan ao grupo de goberno a un fío da súa ruptura.


5/Xaneiro/2009 /

A ampliación dun parque empresarial devastará 1,5 millóns de metros cadrados de monte

A Plataforma pola Conservación do Litoral de Bueu Anduxía presenta alegacións ante a Xunta e pide a retirada total do proxecto do polígono industrial do Morrazo.


2/Agosto/2008 /

O Morrazo, Pardiñas, Sendim, Lorient... Peregrinaxe folk

Até catro espectaculares citas para os afeccionados á música tradicional.


Concentración en Vigo
28/Xuño/2008 /

SOS Massó organiza un concerto reivindicativo

Este sábado 28 de xuño o colectivo "Cangas non se vende" tomará man da música para recordar a súa loita.


22/Abril/2008 /

Luita Verde ante o Día da terra

Luita Verde ante a celebración mañá 22 de abril do Dia da Terra, e xa que este ano se adica ao cambio climático, quere denunciar as política continuista do actual goberno da Xunta do BNG-PSOE con respecto ao anterior do PP en materia de transporte, baseada no financiamento de grandes cantidades de diñeiro na construcción de máis vías de alta capacidade e agora tamén do tren de alta velocidade (AVE), e tamén de ampliacións de portos e aeroportos, que só favorece o negocio das grandes empresas da construcción e o modelo do transporte privado e a cambio nos perxudica polo grave e irreversible impacto ambiental da construcción das infraestructuras, a contaminación acústica que provoca e as grandes cantidades de gases de efecto invernadeiro á atmósfera que emite á atmósfera o tráfico rodado, e que pasan por ser as segundas en importancia, despóis das industriais, aínda que para os núcleos habitados, pasan por selo primeiro pola súa proximidade


21/Marzo/2008 /

Luita Verde denuncia que un campionato de trial, afecta á Rede natura no Morrazo

Luita Verde e Amig@s do Morrazo Verde denunciaron formalmente e por escrito ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a instalación de parte do circuito de saltos nas proximidades de Menduíña, na parroquia de Aldán do concello de Cangas, dentro da zona protexida do Lugar de Importancia Comunitario (LIC) de Udra, da Rede Natura, con motivo da celebración o pasado domingo 16 de marzo do campeonato galego de trial organizado pola Federación Galega de Motociclismo e a colaboración da Fundación Deporte Galego, a Consellería de Cultura e Deporte, a Diputación de Pontevedra e  Caixanova, solicitando a apertura dun expediente sancionador e que se prohiba a celebración deste tipo de eventos no futuro para que non se volte a repetir o sucedido, como tamén a circulación de vehículos motorizados polo citado LIC de Udra, do que temos constancia que está a ser unha costume ó longo do ano.


16/Xullo/2007 /

S.O.S.matogueiras do Morrazo

Áreas recreativas, tendidos eléctricos de alta tensión, excavacións, recheos, construcción de pistas de tiro ao prato, de aeromodelismo e de motocross, construcción e ancheado de pistas forestais, masiva presenza de vehículos motorizados, monocultivo de árbores forestais e incendios forestais, son en xeral as principais causas por efecto humano polo que estes ecosistemas naturais están desaparecendo a pasos axigantados na comarca. Lugares de gran importancia na comarca con monte baixo coma o monte da Paralaia, o monte Gagán, Chan das Bolas, Chans de Cela ou Chans de Pastoriza, ó igual que outras áreas como Cabo Udra, Outeiro do Cruceiro ou o Alto da Esculca, están a ser agredidos nas últimas décadas ata a actualidade, en especial dende o último lustro, por moitas das causas mencionadas, a maioría dentro de monte comunal.