As charlas son:
Venres 30 de outubro ás 20:00 h. sobre os liques no salón de actos do Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela (Moaña), impartida pola bióloga María Sanchez-Biezma
Xoves 5 de novembro ás 20:00 h. sobre os anfibios do Morrazo no salón de actos do Centro Cultural Daniel Castelao de Quintela (Moaña) impartida polo membro do Grupo Ecoloxista Luita Verde Cándido Martínez Rodríguez.
Venres 13 de novembro ás 19:00 h. sobre os árbores e bosques do Morrazo na sala multiusos do IES Rodeira (Cangas) impartida polo membro do Grupo Ecoloxista Luita Verde Juan Tomé Cruz.
Venres 20 de novembro ás 20:00 h. sobre a Rede Natura no Morrazo no salón de actos do Centro Social de Bueu impartida polo membro do Grupo Ecoloxista Luita Verde Francisco Xosé Bernardez Solla.
Os roteiros son:
Domingo 1 de novembro ás 11:00 h. os dunares de Nerga-Barra con saída e chegada no miradoiro de Donón (Cangas).
Domingo 8 de novembro ás 11:00 h. Salinas de Vilaboa dentro do LIC Enseada de San Simón con saída e chegada da caso do concello de Vilaboa.
Domingo 15 de novembro ás 11:00 h. Carballal de Coiro con saída e chegada en Ermelo (Bueu).
Domingo 22 de novembro ás 11:00 h. Cabo Udra con saída e chegada no aparcadoiro da entrada.
As charlas serán enfocadas á importancia florística, faunística, bosques, e regulamento dos espazos protexidos do Morrazo, e impartiranse acompañadas de audiovisuais.
Os roteiros serán guiados cunha duración de 3 horas e visitarase os espazos naturais do litoral máis importantes da comarca dentro dos LIC Costa da vela, Cabo Udra e Enseada de San Simón, pertencentes á Rede Natura, máis o Carballal de Coiro, dentro de solo rústico de proteción de espazos naturais e que pasa por ser o bosque caducifolio de subclima atlántico máis sobranceiro da comarca e o segundo máis importante das Rías Baixas.