Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: medio-rural

O BNG acusa a Medio Rural de manipular os órganos directivos do Ligal
5/Xullo/2010 /

O BNG acusa a Medio Rural de manipular os órganos directivos do Ligal

A Consellaría, di a formación, procurou unha directiva "submisa" no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite.


8/Xuño/2010 /

A agricultura ecolóxica consolídase como alternativa

As explotacións medraron no pasado ano un 10% até chegar aos 477 produtores e a unha superficie total de máis de 15 mil hectáreas certificadas.


11/Abril/2010 /

Un incendio forestal queima 33 hectáreas de monte en Pol

O lume, que se iniciou na tarde do sábado, quedou extinguido cara as catro horas da madrugada do domingo.


9/Abril/2010 /

A Xunta reformará o Banco de Terras para que a xente non lle teña "medo"

Un anteproxecto prevé disolver a sociedade xestora de Bantegal e suprimir o dereito de adquisición preferente das parcelas pola Administración.


24/Marzo/2010 /

Pasos para privatizar a loita contra o lume

Unha empresa privada asumirá traballos de coordinación e deseño dos plans de extinción. A Xunta nega que esta cesión de funcións sexa novidosa.


3/Marzo/2010 /

Ás portas da primavera, sen noticias de cambio na estratexia contra o lume

Os traballadores dos servizos de prevención e extinción de incendios da Xunta critican os incumprimentos do Goberno


Ricardo García Borregón e Charo Sánchez Parga
25/Febreiro/2010 /

"O sector agrogandeiro non pode cubrir el só o mantemento da fauna salvaxe"

O SLG pide que a Administración asuma economicamente as perdas provocadas polos ataques, e que inclúa nesta categoría o corzo, o coello, o corvo e o voitre.


17/Decembro/2009 /

Grupo lácteo galego: as claves dun fracaso

Produtores, industria e caixas de aforro foron os tres vimbios dun ambicioso cesto que se malogrou pola falta de compromisos económicos e polo cambio de goberno.


10/Decembro/2009 /

La Arzuana gaña a pugna por Pascual

A empresa burgalesa asina un principio de acordo con este grupo de cooperativas para o aluguer da planta de Outeiro de Rei, que exclúe a proposta de Feiraco.


25/Novembro/2009 /

A Xunta ensina as cartas: quere unha oferta conxunta

Tanto a empresa como o Goberno suxiren a Feiraco e Arzuana que presenten unha oferta unificada para que o proxecto sexa máis viábel, condición para recibir avais e préstamos.


4/Novembro/2009 /

O Sindicato Labrego acusa a Medio Rural de ceder ante a chantaxe da industria láctea

Celega leva 27 días sen recoller o leite de varias explotacións empregando parámetros de análise do produto diferentes aos que estipula a normativa vixente.


3/Novembro/2009 /

Medio Rural financiará a actividade cinexética en Galicia durante o periodo 2009-2010

Medio Rural conveniou recentemente con Aproca (Asociación de propietarios rurais e produtores de caza de Galicia) e coa Federación Galega de Caza, a colaboración para alentar a actividade cinexética en Galicia, mentres que colectivos como Amigos da Terra que contan con proxectos indiscutibles de fomento do coñecemento e integración do rural, continuan sen ser recoñecidos pola Administración.


26/Outubro/2009 /

Os traballadores de Pascual mobilízanse ante a pasividade da Xunta

Aseguran que o Goberno dispón de varios proxectos para retomar o traballo na factoría, mais que non se decide por ningún.


7/Outubro/2009 /

A Xunta gasta 600 mil euros en vestiario innecesario para veterinarios

Dotarase de roupa aos 300 profesionais adscritos a Medio Rural cando só un 28% sae diariamente ao campo e xa renovara os seus traxes no último trimestre do ano pasado.


25/Setembro/2009 /

A Xunta anuncia que ampliará a Rede Natura

A Consellaría de Medio Ambiente está redactando un documento marco de planificación dos espazos protexidos.


21/Setembro/2009 /

Sen acordo sindical, os gandeiros súmanse á folga europea

Malia a oposición de UUAA e XXAA, o Sindicato Labrego asegura que recolleu un número importante de adhesións, que se visualizarán en actuacións puntuais.


20/Agosto/2009 /

As cifras dos lumes, como os cantos de reis: se cadra para o Nadal

Deica fin de ano non haberá datos polo miúdo. "Canto máis presenza mediática ten o tema, máis risco de incendios hai", argumentan desde a Xunta.


17/Agosto/2009 /

"Ocultismo e descoordinación" cos lumes, di o PSdeG, "recorden o verán de 2006", retruca o PPdeG

A oposición ve un dispositivo "insuficiente" e mal coordinado. O PP denuncia "cinismo" e recorda os mortos na vaga de lumes de 2006.


10/Agosto/2009 /

Os gandeiros recibirán este mes o 60% das axudas directas de Medio Rural

O conselleiro fala de "esforzo orzamentario" ao outorgar un céntimo por quilo de cota asignado. Os sindicatos recordan que outras comunidades dan tres.


27/Xullo/2009 /

Espinosa quixera botar unha man ao sector lácteo, mais di que non pode

Nunha entrevista radiofónica, a ministra recorda que as competencias lle corresponden á Xunta e celebra o acordo asinado a pasada semana entre industria, produtores e distribución.