Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: botnia

26/Xaneiro/2008 /

Non contamina, pero mellor non bebela

Un xerente da pasteira uruguaia Botnia que garantía diante dos xornalistas a calidade da auga negouse a beber dela cando llo pediron e mandou un empregado a facelo no seu lugar.


15/Xaneiro/2008 /

O alcalde das Pontes teima en levar Ence para o seu concello

A Valentín González o municipio que goberna parécelle o ideal para acoller a celulosa, pola dispoñibilidade de auga e pola proximidade co porto de Ferrol.


12/Xaneiro/2008 /

Bloquean a fronteira entre Arxentina e Uruguai

A Asemblea Popular de Colón (en Arxentina) pechou "por tempo indefinido" o paso á localidade uruguaia de Paysandú.


2/Setembro/2007 /

'Piquete' no río contra a celulosa

O presidente Tabaré Vázquez inaugurou no río Uruguai unha terminal portuaria que empregará a pasteira Botnia diante dunha manifestación de asembleístas que se achegaron ao lugar en lanchas.


7/Xuño/2007 /

A papeleira uruguaia de Botnia comezará a funcionar a finais de ano

Co conflito con Arxentina aínda sen pechar o goberno uruguaio anuncia a inauguración da planta finlandesa. Mentres, a presión social conseguiu modificar a ubicación da celulosa de ENCE.


2/Abril/2007 /

Ecoloxistas arxentinos aproveitan a Semana Santa para bloquear a fronteira uruguaia

Frean o paso de turistas e mercadorías entre os dous países en protesta pola construción de dúas celulosas no lado de Uruguai.