Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presión contra as papeleiras

Ecoloxistas arxentinos aproveitan a Semana Santa para bloquear a fronteira uruguaia

Frean o paso de turistas e mercadorías entre os dous países en protesta pola construción de dúas celulosas no lado de Uruguai.

Redacción - 09:00 02/04/2007

Poucos días antes de que os gobernos de Arxentina e Uruguai volvan sentar na mesa de negociacións para tratar de atoparlle solución ao conflito que manteñen nos últimos anos, os activistas do lado arxentino da fronteira aceleran as súas mobilizacións.
 
O bloqueo terá un impacto económico especialmente forte nesta época, freando o intercambio turístico entre os dous países, especialmente o fluxo de arxentinos cara a Uruguai, alén de de impedir o transporte de mercadorías. A fronteira quedou pechada a última hora do domingo, co consentemento tácito da administración arxentina, que apoia as accións de veciños e ecoloxistas.
 
Mentres, en Frai Bentos, no lado uruguaio da fronteira, segue a construción da papeleira de Botnia, con data marcada para o comezo da produción para o próximo mes de setembro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: