Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: a-ria-non-se-vende

12/Decembro/2009 /

Denuncia penal contra a Autoridade Portuaria viguesa polas ampliacións

A plataforma A Ría Non se Vende acusa os responsábeis do porto dun delito contra os recursos naturais e o medio e outro de prevaricación.


14/Novembro/2009 /

Milleiros de persoas protestan en Vigo contra os recheos portuarios

"Non permitiremos máis agresións á Ría", din desde 'A Ría non se Vende'. No porto hai "espazo abondo", aseguran.


11/Novembro/2009 /

Recurso contencioso-administrativo contra as ampliacións dos peiraos vigueses

A plataforma cidadá aproveita a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre os recheos en Marín para insistir contra as ampliacións de Bouzas, Areal e Transatlánticos.


8/Novembro/2009 /

A sentenza do Supremo para Marín, agoiro de "ilegalidade" para a ampliación do porto de Vigo

Para a plataforma cidadá, a decisión dos tribunais sobre o plan especial do porto de Marín, ratificaría que as obras en Vigo "son totalmente ilegais".


4/Outubro/2009 /

"Contradicións, incongruencias e omisións" na sentenza que desestima o recurso contra as obras de Massó

Dos dous informes discordantes emitidos pola Xunta, os tribunais obviaron o máis detallado, xustamente o que advirte das deficiencias do proxecto.


11/Agosto/2009 /

O Supremo non avala o proxecto do porto de Massó

Logo de Corina Porro apelase a unha suposta sentencia que legalizaría as obras, a plataforma de colectivos subliña que o alto tribunal nunca se pronunciou ao respecto.


Porto de Vigo
4/Maio/2009 /

A Ría Non se Vende alerta dos riscos ambientais que implica a Cidade do Mar

A rede de colectivos en defensa da ría viguesa defende que esta obra vai "roubar o mar, que é de todos, para desfrute duns poucos".


18/Abril/2009 /

"Papel mollado", opinan os ambientalistas sobre o plan de usos do porto de Vigo

A plataforma A Ría Non se Vende cualifica de "manobra mediática" a proposta achegada esta semana polo presidente da entidade.


15/Decembro/2008 /

Seguen caéndolles multas aos membros d'A Ría non se Vende

"Existe unha represión dirixida cara nós", afirman desde o colectivo. En total teñen que pagar uns oito mil euros por participar en mobilizacións.


3/Outubro/2008 /

Sen licenza e a pé da enseada de San Simón o Porto de Vigo inicia unha ampliación ilegal

No mesmo lugar onde hai tempo xa se tentara construír unha fábrica de cemento, o Porto pretende agora formigonar e facer un recheo para contedores.


16/Setembro/2008 /

"Cunha contestación tan xeneralizada o Plan Íntegra debería retirarse inmediatamente"

25 colectivos de Vigo e da súa área de influencia denuncian os danos irreversíbeis que causará este proxecto con máis de seis mil alegacións.


18/Agosto/2008 /

Portos de Galicia acusa os veciños de reivindicacións "folclóricas"

A plataforma Ría Non se Vende recórdalle á institución as ducias de alegacións ao Plano Director de Instalacións Náutico Deportivas.


Reganosa
8/Xuño/2008 /

Por enésima vez, "Reganosa, fóra da Ría!"

Varios centos de persoas -uns 700, segundo a Policía Local, e uns tres mil, segundo a organización- exixiron este domingo en Ferrol a retirada da planta.


Bouzas móvete!
26/Maio/2008 /

Vigo sae á rúa na defensa da ría

Numerosos colectivos xuntáronse este domingo en Vigo contra o ladrillo, a especulación e a contaminación nunha das rías máis produtivas e fermosas de Galiza.


21/Maio/2008 /

"Á rúa pola ría": as comarcas do contorno vigués teñen a punto a mobilización

A rede de colectivos "A Ría Non se Vende", integrada na plataforma "Galiza Non se Vende", convoca os cidadáns a defender o litoral "contra a destrución".


Cartel da convocatoria
20/Abril/2008 /

Mobilización en Cangas contra a especulación

A concentración contra a recualificación dos terreos da antiga conserveira abre as actividades en conmemoración do Día da Terra, o martes 22.


15/Decembro/2007 /

Vigo contra o PXOM, "feito de costas á cidadanía e aos seus intereses"

A rede A Ría Non se Vende convoca unha manifestación para este sábado ás 18.00 horas contra o Plan de Ordenación Municipal.