Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na rede

Dez outonos no Courel

"O home desesperase por destruír aceleradamente o que tanto tempo levou facer". O ollo de Xoán Piñón , a reflexión de Vidal Romaní e a denuncia de SOS Courel.

Redacción - 11:00 08/03/2010
"Estase facendo xusto o contrario do que se pretende cos fondos de rexeneración", di SOS Courel

"Estase facendo xusto o contrario do que se pretende cos fondos de rexeneración", di SOS Courel

"A Consellaría de Medio Rural mente, e por iso engadimos unha foto que fala ben clariño: a suma de parcelas arrasadas polo bulldozer supera amplamente as 5 hectáreas, e calculase facilmente se temos en conta que o campo de fútbol que se ve na foto mide aproximadamente unha hectárea". Así o critican desde o colectivo ecolóxico-cultural SOS Courel, advertindo de que a empresa denunciada en días pasados volveu actuar incorrectamente na zona.

SOS Courel queixárase de que o proxecto de restauración hidrolóxico forestal artellado con fondos de Xunta e goberno español estaba sendo irregularmente realizado, xa que no canto de realizárense as operacións de xeito manual, metérase unha escavadora sen permiso da dirección técnica nin da gardería forestal. "A empresa lonxe de ceder no seu empeño, volveu a decapar a zona de rexeneración do lume, desfacendo despois de que denunciamos os feitos 3 das cinco hectáreas totais afectadas", avisa SOS Courel. "Non é certo que a leña fora máis grande nas parcelas decapadas, esa é unha escusa de neno pequeno, ao revés a leña é máis baixa, e aínda que así fora non poden meter o bulldozer, terían que facelo con motoserra, para iso reciben arredor de 5 mil euros por hectárea", lembran desde o colectivo. "O dano ecolóxico é moi grave , xa que se está facendo xusto o contrario do que se pretendía cos fondos da rexeneración hidrolóxico forestal do incendio, destruíndo a vexetación, o entramado de raíces e expoñendo a terra á erosión, todo elo co único fin de aumentar o lucro económico e destruíndo empregos", censuran.

Ao fío das terras courelás aproveitamos para recomendarlles a estampa e o comentario incluídos na bitácora de Xoán Piñón, Dez Outonos no Courel, a pé dunha reflexión do catedrático Juan Vidal Romaní: "Courel, a Memoria de Galicia, non era nada hai 650 millóns de anos, apenas unha lama negra acumulada nas augas profundas dun océano sen nome entre continentes sen nome (...). foi saíndo do mar erguéndose e convertendo lama en lousa negra e lousa nas magníficas montañas que agora son (...) Nos últimos 30 anos o home desesperase por destruír aceleradamente o que tanto tempo levou facer (...)"


4,67/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: