A norma lexislativa entrará en vigor en catro meses. Rexeitadas 88 emendas parciais dos diferentes grupos.
En catro meses entrará en vigor no Estado Español a nova Lei do Aborto. Este mércores superou o seu último trámite no Senado e foi aprobada por 132 votos a favor, 126 en contra e unha abstención. Contou co apoio do PSOE, Entesa Catalana Progrés (PSC-ERC-ICV), PNV, BNG e algúns senadores do Grupo Mixto e de CDC-CIU.
A norma lexislativa superou así tanto es tres vetos presentados polo PP, Unió e UPN, como as 88 emendas parciais dos diferentes grupos parlamentarios e aprobouse sen modificación algunha. O PSOE, da man da súa secretaria de Organización, Leire Pajín, celebrou que esta lei “poña fin á débeda pendente” que tiña a sociedade coas mulleres.