A Conferencia Episcopal Española advertiu que "de acordo coa doutrina da Igrexa, ningún católico coherente coa súa fe poderá aprobar nin dar o seu voto" .
A Conferencia Episcopal Española (CEE) advirtiue esta quinta feira que "de acordo coa doutrina da Igrexa, ningún católico coherente coa súa fe poderá aprobar nin dar o seu voto" ao anteproxecto de Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo presentado polo goberno español.
Segundo afirman os bispos nunha súa declaración, o anteproxecto presentado "constitúe un serio retroceso respecto da actual lexislación despenalizadora, xa de por si inxusta", polo que "tampouco debería apoiar esta iniciativa ninguén que atenda os xustos imperativos da razón". Nesta liña, e ao longo de 11 páxinas, a Conferencia Episcopal expón as súas conclusións sobre un texto que describen como "serio retroceso na protección da vida", e denuncian que "en realidade" esta norma é "un atentado contra a vida".
"Decidir abortar é optar por quitarlle a vida a un fillo xa concibido e iso sobrepasa con moito as posíbeis decisións sobre o propio corpo, sobre a saúde da nai ou sobre a elección da maternidade", denuncian os bispos.
Cómpre lembrar que o proxecto de lei presentado polo executivo español permite a interrupción voluntaria do embarazo, legalmente, até as 14 semanas; e até as 21 se hai risco para a vida da nai ou do feto.