Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Unha manifestación pide que se arquive a denuncia contra Laura Bugallo

Este xoves iniciáronse as dilixencias previas para instruír a causa que acusaría á sindicalista de falsificar documentos a inmigrantes

Redacción - 13:35 04/02/2010
Laura Bugallo pide que "se investigue o que haxa que investigar" e que se arquive a causa

Laura Bugallo pide que "se investigue o que haxa que investigar" e que se arquive a causa

“Muitas Lauras precissa este país”. Así rezaba unha das pancartas coas que se manifestaron decenas de persoas este xoves perante os xulgados de Santiago de Compostela. Membros do Foro Galego de Inmigración (FGI) e dalgunhas das 80 entidades que o compoñen pediron que se arquive a denuncia contra a sindicalista da CIG, Laura Bugallo, acusada dun suposto delito de falsificación de documentos para regularizar a situación de catro inmigrantes.

Esta protesta fíxose coincidir coa declaración de dúas testemuñas ante a xuíza que instrúe o caso. Ademais, os integrantes do FGI fixeron entrega dun documento en apoio de Laura Bugallo asinado por centos de persoas e colectivos: “temos a convicción de que Laura non é culpábel de ningún delito e estamos aquí á beira da nosa compañeira para amosar a nosa solidariedade”, dixo Miguel Fernández Blanco, voceiro do Foro. “Non hai ningunha base para continuar con este procedemento”, apuntou ao tempo que subliñou a “inmellorábel traxectoria” de Bugallo “na loita polos dereitos sociais”.

En defensa da súa inocencia
Este xoves iniciáronse as dilixencias previas que determinarán a necesidade ou non de ir a xuízo. A propia Bugallo defendeu a súa inocencia ao pé dos xulgados: “a imputación xudicial corresponde a catro persoas das 620 ás que teño asesorado como responsábel de inmigración da CIG en 2008”, dixo, “a Administración compulsou eses documentos e eu non podo ser máis lista que a funcionaria que realizou esa compulsa”.

Recordou que leva asesorando a inmigrantes dende hai 19 anos e cualificou a denuncia de “inintelixíbel”, polo que dixo confiar en que “investiguen o que teñen que investigar e que arquiven o caso”.


Ligazóns

5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: