Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SARCASMOS DA CRISE

Plan E: Traballar si, cobrar xa se verá

Dez operarios que acometen en Baiona unha obra financiada co programa público levan dous meses sen cobrar.

Redacción - 11:23 09/12/2009
Tags: Plan E soldos

Hai case un ano o presidente do goberno español presentaba publicamente o chamado Plan E. Segundo Rodríguez Zapatero, o programa buscaba inxectarlle fondos ás pequenas e medianas empresas para que mantivesen o emprego a base de contratación de obras en municipios. Houbo quen acusou dende o primeiro momento ao executivo estatal de inxectar fondos para maquillar unhas estatísticas de desemprego que non deixaban de medrar. Aos concellos de Galiza chegaron 335 millóns de euros para acometer obras públicas. A mese de outubro estaban en marcha máis de 2.500 proxectos (saneamento no rural, arranxo de camiños ou construcción de inmóbeis comunitarios).

Mais a gravísima crise de liquidez que viven moitas empresas fai que o propio Plan E se convirta, nalgún caso, nunha parodia. O último caso acaba de producirse en Baiona. Dez operarios que traballan na humanización da rúa Elduayen denuncian que levan dous meses sen percibir os seus salarios. A empresa á que pertencen, a lalinense Indeza, non ten liquidez para aboarlle os seus soldos. Mentres, os traballadores, apoiados pola CIG, preparan unha folga para a vindeira semana. Xa non figuran nas listas do paro, teñen unha horario de luns a venres pero, neste caso, nin o Plan E lles garante o cobro de nóminas.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: