Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMARCA DO EUME

O Consello de Anciáns de Xestoso sae en defensa das oficinas I+B

Subliñan nun comunicado o seu apoio incondicional aos traballadores que pretende despedir a Xunta e reivindical o seu labor no rural.

Redacción - 14:07 13/11/2009
Tags: apoios I+B

As mostras de solidariedade cos 61 traballadores de oficinas I+B que a Xunta quere despedir a final de ano non cesan. Unha das máis simbólicas chega dende o Eume. Dende esta bisbarra, o Consello de Anciáns de Xestoso e a asociación de mulleres desta parrioquia do municipio de Monfero fixeron público un comunicado no que lle exixen á Xunta que reconsidere a súa intención de desmantelar estes servizos.

Na nota, os anciáns, moitos deles alumnos da Universidade Rural (dependente da Uned Senior) salientan o “extraordinario” traballo do equipo comarcal da oficina das Pontes e valoran a súa especial dedicación á dinamización de parroquias rurais tradicionalmente esquencidas. En especial fan fincapé nos seminarios de autoestima, saúde e prevención da violencia de xénero. Afirman que se dirixirán ao Goberno para mostrarlle o seu total desacordo coa supresión deste tipo de servizos públicos.


4,93/5 (29 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: