Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MAIOR SUBIDA QUE NO ESTADO

Cada día de setembro, perderon o emprego 174 galegos

O número de parados incrementouse un 2,58% con respecto ao mes de agosto e a cifra supera xa as 200 mil persoas.

Redacción - 11:05 02/10/2009
O paro medrou máis en Galiza que no Estado Español

O paro medrou máis en Galiza que no Estado Español

Por vez primeira, o incremento do número de parados en Galiza superou ó do Estado Español. Mentres, que o ascenso estatal foi do 2,2%, en Galiza os desempregados foron en setembro un 2,58% máis que no anterior mes de agosto. Así o revelan os datos do Instituto Nacional de Emprego (Inem) ofrecidos polo Ministerio de Traballo.

En concreto, o número de persoas que perderon o seu emprego neste último mes ascendeu a 5.224, de xeito que os desempregados en Galiza superaron xa a barreira das 200 mil persoas (exactamente 200.465). O incremento con respecto a setembro de 2008 é do 27,82%, o que supón 43.631 persoas máis inscritas nas oficinas do Inem neste último ano.

Menos persoas a cotizar
Ademais, o número de afiliados á Seguridade Social en Galiza baixou en 8.068 persoas no pasado mes de setembro, o que equivale a un descenso de 0,77%. Neste caso, a caída tamén é superior á do Estado Español (0,37%). Así, a día de hoxe, hai no noso país 43.011 persoas menos dadas de alta, tamén segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo.

O réxime agrario foi o único que rexistro un pequeno incremento no número de cotizantes en setembro, con 579 máis (13,53%), mentres que o resto de réximes experimentaron un descenso no total de persoas dadas de alta.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: