Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SECTOR TÉXTIL

Zara comezará as vendas online este outono

Inditex obtivo no seu ano fiscal un beneficio de 375 millóns de euros, un 7,6% menos. A compañía asegura que internet é “un paso estratéxico”

Redacción - 11:00 16/09/2009

O grupo téxtil español Inditex anunciou esta cuarta feira que na vindeira tempada outono-inverno levará a cabo vendas por internet. Segundo o seu vicepresidente, Pablo Isla, esta nova forma de venda é “un paso estratéxico da compañía” que no primeiro semestre do seu ano fiscal obtivo un 7,6% menos que no mesmo período do ano pasado, aínda que a facturación medrou nun 9%

Ao comezo, as vendas online faranse tan só en determinados países aínda que se estenderá progresivamente a todos os mercados onde Zara ten presenza. Do 1 de febreiro até o 31 de xullo a compañía, que obtivo un beneficio de 375 millóns de euros, abriu 166 novos comercios cheganso aos 4.430 en 73 países.

Inditex pretende seguir incrementando no 10% a súa superficie de venda e prevé, neste ano, un investimento de 600 millóns de euros. O grupo informou de que manterá o seu crecemento nomeadamente na área asiática, onde hai países como a China onde superan o medio cento de tendas.

Ademais este ano, Zara será testemuña da ceremonia de entrega dos premios de cine Oscar, que ten lugar en Hollywood Boulevard, no Teatro Kodak en Los Angeles (EUA) en fronte ao que se inaugurou este agosto unha tenda.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: