Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comisión intersectorial

O sector lácteo asina pacto: UUAA e XXAA aceptan, o SLG rexéitao

Unións Agrarias advirte que agora hai que concretar medidas e evitar ambigüidades. O Sindicato Labrego denuncia que seguen sen garantirse os custos de produción.

Redacción - 09:30 21/07/2009
Tags: leite SLG UUAA

"O contrato recollerá un prezo acordado entre gandeiros e industria, transparente e negociado, no marco da Interprofesional Láctea, que terá como referencia o prezo do leite que publica a Oficina de Gandería francesa xunto co custo medio do transporte a España, que dadas as condicións actuais, sitúase entre os 30,5 e os 31 céntimos de euro", expoñía este luns o secretario de Estado do Medio Rural, Josep Puxeu.

Goberno español, distribución, industria, cooperativas e gandeiros asinaban así un acordo co que o sector se compromete a botar man de contratos tipo homologados, coa aplicación dun marco de referencia que sitúa o prezo do leite en orixe nunha media dos 0,31 euros. O contrato, que estará en vigor até fin de ano, estabelecerá a duración do acordo e as cantidades vencelladas, ademais do prezo que percibirá o gandeiro pola venda do produto.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) decidiu non asinar o acordo, denunciando o marco de referencia fixado. "O prezo de referencia francés non lles vale nin sequera aos franceses", laiouse a secretaria xeral da organización, Carme Freire. Para o SLG, segue sen garantirse o cumprimento dos custos de produción. Máis optimistas aparecían este luns a última hora desde Unións Agrarias (UUAA), sinalando con todo que o pacto debe agora debullar as medidas con máis concreción, estabelecer un calendario e deseñar ferramentas a disposición do sector. Avisan desde UUAA da necesidade de evitar ambigüidades na aplicación diaria do acordo e ao tempo de definir unha comisión de seguimento que garanta que se cumpre o pactado.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: