Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Biblia

Un dos manuscritos máis antigos xa está na rede

O Codex Sinaiticus, que data do século IV, foi dixitalizado e posto na web, coas imaxes orixinais, a transcrición e a tradución ao inglés.

Redacción - 13:45 07/07/2009
Principio do libro da Apocalipse do códice

Principio do libro da Apocalipse do códice

A biblia cristiá máis antiga que se conserva está xa dispoñíbel na web. O Códice de Sinaí, ou Manuscrito Aleph, do século IV, foi restaurado, dixitalizado e traducido de xeito que se poden consultar arredor de 800 páxinas no enderezo codexsinaiticus.org.

Institucións de Alemaña (a Universidade de Leipzig), do Reino Unido (a Biblioteca Británica), de Exipto (o mosteiro do Monte Sinaí) e de Rusia (a Biblioteca Nacional) colaboraron na recuperación do libro, escrito en grego en follas de pergamiño.

Segundo os seus responsábeis, o manuscrito, de 1.600 anos de antigüidade, ofrece unha oportunidade única para coñecer como era o cristianismo nos seus comezos e como evolucionou o texto da súa obra relixiosa básica. E o feito de presentalo na rede fai posíbel que se poida estabelecer un estudo colaborativo entre persoas expertas de todo o mundo.

O códice estivo gardado e conservado no mosteiro do Sinaí durante máis dun milenio, até o seu descubrimento en 1844, cando foi dividido entre Exipto, Rusia, Alemaña e o Reino Unido.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: