A relixión segue prendendo a bo ritmo nas novas tecnoloxías. Lembrámoslles que Con el Papa.com web oficial da visita do pontífice a terras madrileñas daba a posibilidade de enviarlle SMS a 90 céntimos coa caritativa fin de "facerlle un bo agasallo". Agora, vimos de saber do ciber reverendo Baker, crego nunha igrexa galesa que vén de anunciar un servicio de mensaxes SMS que lle envía aos fies extractos da Biblia tres veces por semana. Iso si, fronte ao éxito eclesiástico da tecnoloxía do mancontro, contámoslles tamén que un arcebispo italiano pediulle hai tempo aos feligreses que se abstivesen de enviar SMS o venres santo "como sinal de devoción".
.