Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza Xunta-Ministerio de Fomento

O TAV comezará a chegar en 2011 e pousará de todo catro anos despois

Fixado o novo escenario de execución da alta velocidade no noso país, que contempla a posta en servizo paulatina de diversos tramos até 2015.

Redacción - 20:05 24/06/2009
Imaxe dun TAV 'AVE'

Imaxe dun TAV 'AVE'

O Ministerio de Fomento e a Xunta fixaron esta cuarta feira o novo escenario de execución do TAV a Galiza, que contempla a posta en servizo de distintos tramos deste corredor a partir de finais de 2011 co obxectivo de que estea ao completo no horizonte de 2015, segundo anunciou o ministro de Fomento, Xosé Blanco.

Para iso, anunciaron licitacións e adxudicacións desta infraestrutura por un importe total de 4.678 millóns de euros entre 2009 e 2010, o que, segundo afirmou Blanco, constitúe "o maior impulso dado a un AVE (tren de alta velocidade, TAV) en España en tan pouco espazo de tempo".

Ademais, Fomento encargaralle a Renfe novos trens 'AVE', fabricados a partir dun prototipo deseñado por Talgo que permitirá circular a Alta Velocidade por vías de ancho convencional e sen electrificar a partir de 2012.

Segundo o Ministerio, a posta en marcha destes trens permitirá recortar en tres horas o actual tempo de viaxe entre Madrid e A Coruña. Blanco realizou este anuncio nunha comparecencia conxunta co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, logo da reunión que ambos os dous mantiveron en Madrid.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: