Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFRAESTRUTURAS

Fomento "rectificará" o trazado do TAV para que Lugo estea conectada por "dobre vía" de alta velocidade

O ministro Xosé Blanco asegurou que non vai permitir que Galiza teña un tren de menor calidade.

Europa Press - 19:40 26/05/2009

O ministro de Fomento, José Blanco, anunciou este martes que "se rectificará" o trazado da alta velocidade ferroviaria en Galiza para que as cidades de Lugo e Ourense estean conectadas mediante "dobre vía de AVE" e esta infraestrutura "si chegue a Lugo". Na súa primeira comparecencia na Comisión de Fomento do Congreso para informar das liñas xenerais do seu departamento para os próximos tres anos, José Blanco proclamou que "Lugo non vai quedar descolgada da dobre vía nin da alta velocidade".

Blanco, que é natural do municipio lucense de Palas de Rei, quixo aclarar, non obstante, que o anuncio da reforma do trazado da alta velocidade ferroviaria "non é por ser de Lugo", senón que desta forma respondía a unha referencia do deputado do BNG Francisco Jorquera. "A aposta por Lugo é unha aposta polo AVE galego", exclamou.

En canto á conexión por TAV de Galiza coa Meseta, o ministro de Fomento alertou de que "unha obra que transcende a unha ou dúas xeracións, é unha irresponsabilidade que estea condicionada a unha data e un prazo". Por iso, censurou que se antepuxese o ano 2012 para a entrada en funcionamento deste servizo "a facer as cousas en boas condicións".

"Había moita fuxida cara a adiante sobre imposición de prazos que se sabía que non se podían cumprir aínda que as obras fosen a toda velocidade", recoñeceu para garantir que el dirá "a verdade aos galegos". "Non faremos demagoxia cos prazos, pero non vai faltar determinación", dixo.

Datas antes dun mes
En todo caso, avanzou que "antes dun mes" vai explicar tanto o compromiso presupostario como o horizonte temporal do TAV a Galiza e sinalou que está a estudar "decisións e alternativas" para que a alta velocidade "chegue canto antes e nas mellores condicións".Ao respecto, indicou que "compartirá" esas alternativas co Goberno galego, xa que a súa vontade é "dialogar e acordar todo o relacionado co AVE coa Xunta", posto que precisamente, ten pendente unha reunión co novo presidente, Alberto Núñez Feijóo.  

 Sobre o cambio de trazado do AVE entre Ourense e Lubián para permitir que alcance velocidades superiores aos 300 quilómetros por hora, José Blanco argumentou que "había que tomar unha decisión" e reafirmouse en que non permitirá "que Galiza quede condenada a un tren AVE de menor calidade".   


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: