Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Manifestación

A defensa da capitalidade xunta en Pontevedra miles de persoas

A concentración, de 40 mil persoas segundo os convocantes, amosou a repulsa pola decisión da Xunta de crear a 'superdelegación' de Vigo, que ameaza o status da cidade do Lérez.

Redacción / EP - 10:10 20/06/2009

Decenas de miles de persoas, 40 mil segundo a organización, participaron o venres na manifestación convocada por colectivos sociais, profesionais e concellos da comarca na defensa da capitalidade de Pontevedra.

Co lema "Pontevedra é capital, anulación do decreto xa", os manifestantes saíron arredor das nove da noite da Praza da Ferraría en dirección á delegación da Xunta na cidade, onde chegaron unha hora despois. A protesta serviu para expresar o rexeitamento á decisión do Goberno de crear unha delegación en Vigo.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou que "hai practicamente unanimidade na sociedade pontevedresa organizada" sobre esta polémica. Para o rexedor municipal, trátase dunha "agresión sen precedentes ao status de capital" de Pontevedra, polo que animou a defendelo "con unllas e dentes".

Sobre as dez da noite, o decano do Colexio de Avogados de Pontevedra, Eloi Artime, leu o manifesto en que criticou a "falta de madurez política da Xunta" por unha decisión que cualificou como o "atentado máis claro" contra a capitalidade de Pontevedra polo decreto de creación das 'superdelegacións'.

Desta volta, a Policía Local non deu cifras de asistencia, senón que ofreceu unha estimación da superficie ocupada polos manifestantes, de 13.567 metros cadrados.


3,4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: