Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN LUGO, CORUÑA E COMPOSTELA

Xóvenes Agricultores e Unións Agrarias convocan protestas para o venres

Critican o Sindicato Labrego Galego por romper coa unidade sindical ao convocar para este mércores unha tractorada de xeito unilateral.

Redacción - 20:15 16/06/2009
O sector leiteiro segue sen ver unha vía de solución ao seu problema

O sector leiteiro segue sen ver unha vía de solución ao seu problema

Os sindicatos Xóvenes Agricultores (XX.AA) e Unións Agrarias (UU.AA) convocaron conxuntamente coa Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) mobilizacións para este venres nas cidades de Compostela, Coruña e Lugo. As protestas realizaranse ás portas do LIDL de Compostela (situado na Rúa Costa Vella), no Carrefour da Coruña, e o centro comercial Eroski de Lugo.

Os sindicalistas critican que estas empresas leven a cabo políticas de "nacionalismo comercial" dirixido a "resolver os problemas de excedentes dos seus países de orixe" que neste caso son Alemaña e Francia. Así, apostan por un "futuro a cor" e non "en branco e negro" como o que, segundo Roberto García (secretario xeral de UU.AA) lles teñen gardado as marcas brancas.

Critican a independencia de actuación do SLG
Na rolda de prensa en que se anunciaron as protestas tamén houbo criticas ao Sindicato Labrego Galego (SLG) por "protexer os seus intereses e as súas siglas", como dixo o secretario xeral de XX.AA Francisco Vello, sen aludilos directamente. Así, critican que coa súa decisión de convocar unha tractorada para este mércores de xeito unilateral rachan a unidade de acción.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: