Axencias e medios internacionais informan da morte de polo menos catro persoas durante a marcha en que reapareceu o líder opositor Musavi.
Musavi, no centro, cos brazos erguidos
Axencias e medios internacionais occidentais informaban á última hora deste luns de que se produciron disparos na manifestación en protesta pola suposta fraude electoral nas presidenciais iranianas.
Polo menos catro persoas morreron, segundo o servizo en persa da BBC, na marcha que contou coa participaron de ducias de miles de seguidores de Mirhossein Musavi, o principal rival de Mahmoud Ahmadineyad, presidente reelecto de Irán.
Musavi apareceu finalmente na protesta, non autorizada polo Goberno, e sobre o teito do seu vehículo volveu exixir a repetición dos comicios. "Estamos preparados para participar nunhas novas eleccións presidenciais", dixo.
Ahmadineyad conseguiu a reelección o pasado venres ao recibir o 62,3% dos votos. As testemuñas presentes na marcha informaron de enfrontamentos entre seguidores de ambos os dous políticos. Axentes da Policía antidisturbios vixían o desenvolvemento da manifestación.
Máis información: