Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Convocados pola Xunta

Patronal e sindicatos do metal aceptan retomar as negociacións este luns

A Consellaría de Traballo apela á "responsabilidade" das partes implicadas no conflito para alcanzar un acordo "necesario e urxente".

Redacción - 13:35 13/06/2009

A Consellaría de Traballo anunciou este sábado que convocou as cinco patronais e os tres sindicatos presentes na mesa de negociación do metal para retomar as negociacións nunha reunión que se desenvolverá este luns en Vigo, co obxectivo de resolver o convenio colectivo.

Segundo explicou o Goberno, ambas as partes aceptaron sentar a negociar o luns e darse "un prazo de descanso" logo das longas xornadas de consultas desta semana. Este acordo, declarou Traballo, produciuse logo das "múltiples conversacións" que mantivo cos axentes sociais e coa patronal.

A través dun comunicado, o departamento que dirixe Beatriz Mato apelou á "responsabilidade" para alcanzar un acordo "necesario e urxente" que, indicou, estivo "a piques de conseguirse" o pasada quinta feira e que "non foi posíbel" por mor da demanda "extemporánea e desmedida dalgúns membros da mesa".

Segundo indicou a Xunta, si se produciu "unha aproximación" de posturas no que respecta á xornada laboral e á duración do convenio, polo que resta alcanzar un acordo en materia salarial. Para iso, o Goberno insiste en que se mediará o que faga falla como se fixo durante todo o mes".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: