Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
XV Xornada Ponte nas Ondas

A memoria dun país: Galiza-Norte de Portugal

Pequenos e maiores están convocados a participar na festa a prol do patrimonio inmaterial galego-portugués. Logo das actividades da mañá, desde as 21h. a revista oral dos tesouros vivos.

Redacción - 08:00 05/06/2009

A asociación cultural Ponte nas Ondas organiza un ano máis unha experiencia de radio interescolar xa consolidada nas aulas da eurorrexión. Unha iniciativa pioneira no ámbito da educación, a cultura e as novas tecnoloxías que, cada ano durante os últimos quince e ás portas do verán, peneira ducias de traballos realizados ao longo do curso escolar. Así, a xornada Ponte... nas Ondas, proxecta ao público unha chamada de atención sobre o patrimonio inmaterial galego-portugués. Este ano, tal e como xa lles contamos, o colectivo propón a creación do sistema dos "tesouros vivos" da eurorrexión.


Como participar:

-Concurso de micro-relatos: Deixa a túa pegada a prol do patrimonio participando e Cóntanos do teu tesouro vivo

-Desde primeira hora da mañá podedes asistir á emisión dun programa especial sobre os tesouros vivos. Será emitido en directo por internet, coa colaboración da Universidade de Vigo, desde a Facultade de Económicas da institución

-O trivial de Ponte nas Ondas e os tesouros vivos. Durante a xornada do venres estará á vosa disposición unha escolma de preguntas sobre o patrimonio, ás que podedes responder, vía correo electrónico, para gañar algún dos agasallos en sorteo

-Podes cubrir a ficha de identificación dos tesouros vivos

-Une a túa escola á rede de Escolas Promotoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.


Máis información:


5/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: