Ponte...nas ondas! presenta, no marco da XV edición da xornada da comunicación, unha revista oral destinada a presentar a proposta dos Tesouros Vivos do Patrimonio Cultural Galego-Portugués.
- A Revista Oral ten un formato áxil e ameno no que se combina a palabra, a música, o canto e o recitado. Antonio Reigosa, investigador e difusor da literatura de tradición oral coordenará esta sesión que contempla a presenza de portadores do patrimonio galego-portugués chegados desde diversos puntos da Eurorrexión.
- A Revista Oral será retransmitida en directo por televisión a través de Internet e poderá ser seguida en simultáneo dentro da programación de Ponte...nas ondas! A emisión e realización de televisión correrá a cargo do estudio móbil de Casa de Tolos baixo a dirección de Segundo Grandío.
- A UNESCO define os Tesouros Humanos Vivos como persoas ou grupos que posúen un saber ou unha habilidade relacionada con calquera disciplina do coñecemento e da cultura. En xeral, podemos considerar a estas persoas como portadores do patrimonio que manteñen e transmiten as diversas expresións do patrimonio inmaterial .
Estes portadores están na
comunidade, na sociedade. Temos ao noso lado persoas que transmiten saberes e destrezas aprendidas de xeracións anteriores. A cultura popular sempre estivo mantida polas persoas e as comunidades.
Exemplos de
Tesouros Humanos Vivos podemos atopalos en calquera destes ámbitos:
- En calquera das tradicións e expresións orais nas que a lingua sexa o soporte da expresión cultural.
- Nas artes do espectáculo: danzas, cantos, romarías e rituais festivos que teñan un significado esencial para unha determinada comunidade ou grupo social.
3.- Nos usos sociais, rituais e actos festivos que se realizan durante o ciclo anual.
4.- Nos coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo. Tanto na cultura agraria como marítima encontramos toda unha sabiduría asociada a diferentes prácticas e usos.
5.- Nas técnicas artesanais tradicionais relacionadas con oficios e saberes.
INTERVENCIÓNS: - Antonio Reigosa.Escritor e investigador – Presentación
- Ponte...nas ondas!- O Sistema dos Tesouros Vivos da
- Cantadeiras de Gargamala. Mondariz
- Manuela de Barro- Portadora
- Diana Gonçalves – Directora documental “Mulleres da Raia”
- Protagonistas documental “ Mulleres da Raia”
- Grupo Abertal – Danza tradicional
- Desgarradas minhotas- Ponte da Barca